lunes, 1 de diciembre de 2014

CELEBRACIÓNS EN OUTONO

Durante os meses de outubro e novembro celebramos o magosto, a festa do samaín e o Día Internacional dos Dereitos do Neno. Neste día, lembramos que non todos os nenos e nenas teñen acceso á educación ou á sanidade e incluso, aos alimentos. Por iso debemos concienciarnos de non malgastar e de valorar todo o que temos. Segundo Unicef, 57 millóns de nenos e nenas de todo o mundo non va á escola. Un dato para reflexionar.

martes, 28 de octubre de 2014

Aprendemos xogando. Xogo de lectoescritura.


http://ntic.educacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2007/aprendizaje_lectoescritura/html/menu3.html

CELEBRAMOS O SAMAÍN


O 1 de novembro celébrase o Samaín, unha festa de tradición galega de orixe celta que na actualidade, debido á influencia anglosaxoa, está a substituírse polo Halloween.
Déixovos algunhas actividades sobre o outono e o Samaín. Espero que vos gusten!!!!!!!!
Chegou o Samaín
O Samaín e o outono

lunes, 27 de octubre de 2014

COMEZA UNHA NOVA ETAPA. OS ALUMN@S DE 1ºA

Comeza unha nova andaina na formación dos vosos fillos. Aínda que eles son os verdadeiros protagonistas, non debemos esquecer que os pais, a familia, os mestres e toda a comunidade educativa xogan un papel moi importante na súa formación. Con esforzo, traballo e dedicación lograremos o obxectivo de formarse como persoas ao remate da Educación Primaria. Velaquí a presentación dos alumn@s de 1ºA.